Estás en:
Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.
Convocatorias
Atrás
Programa de axudas a municipios para a implantación de zonas de baixas emisións e a transformación dixital e sostible do transporte urbano
Atrás
30/09/2021
Programa de axudas a municipios para a implantación de zonas de baixas emisións e a transformación dixital e sostible do transporte urbano
Convocatoria de 1.000 millóns de euros en réxime de concorrencia competitiva conforme á documentación aportada polos solicitantes.
Beneficiarios:
- Capitais de provincia.
- Municipios de > 50.000 habitantes.
- Municipios de > 20.000 habitantes.
- Entes locais supramunicipais que agrupen varios municipios e que teñan atribuídas competencias en materia de transporte público urbano colectivo.
- Agrupacións de municipios.
Obxectivos específicos:
- Acelerar a implantación de zonas de baixas emisións.
- Fomentar o cambio modal en contornas urbanas e metropolitanas cara a modos de transporte máis sostibles, priorizando o transporte público colectivo e a mobilidade activa para contribuír así aos obxectivos de mellora ambiental e da saúde.
- Fomentar a transformación do transporte público de viaxeiros e mercancías cara a unha actividade de cero emisións mellorando a accesibilidade do sistema.
- Impulsar a dixitalización da actividade dos servizos públicos de transporte que redunde nunha maior eficiencia do sistema, mellor accesibilidade e vantaxes para o usuario do transporte público.