Estás en:
Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.
Convocatorias
Programa de axudas para a transformación dixital e modernización das entidades locais que forman parte da Rede de Destinos Turísticos Intelixentes
Programa de axudas para a transformación dixital e modernización das entidades locais que forman parte da Rede de Destinos Turísticos Intelixentes
Concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos que promovan a dixitalización dos membros titulares da Rede de Destinos Turísticos Intelixentes (en diante, Rede DTI) grazas ao desenvolvemento e implantación de tecnoloxías nos destinos.
Obxectivos específicos:
- Facilitar o acceso ao turista no seu lugar de orixe
- Mellora da comunicación e acceso de recursos e servizos por parte do turista no destino
- Desenvolvo de ferramentas TICs: que permitan aos xestores de DTI optimizar a xestión do seu destino
- Fomento da gobernanza pública e o seu acceso a tecnoloxía.
Beneficiarios: entidades locais que xa formen parte da Rede DTI como membros titulares ou que solicitasen a súa adhesión á citada Rede DTI no momento de solicitar estas axudas, cumprimentando o modelo incluído como anexo I de Solicitude de adhesión á Rede.
Importe e límites da subvención: A convocatoria ten un orzamento de 6 millóns de euros e o investimento máximo a realizar dependerá do número de habitantes que os beneficiarios teñan dentro da súa demarcación:
a) Municipios e cabidos de máis de 300.000 habitantes: investimento máximo de 300.000,00 de euros.
b) Municipios e cabidos de entre 100.000 e 300.000 habitantes: investimento máximo de 200.000,00 euros.
c) Municipios e cabidos de menos de 100.000: investimento máximo de 100.000,00 euros.
d) Agrupacións de entidades locais e deputacións provinciais de máis de 500.000 habitantes: investimento máximo de 500.000,00 de euros.
e) Agrupacións de entidades locais e deputacións provinciais de entre 200.000 e 500.000 habitantes: investimento máximo de 350.000,00 euros.
f) Agrupacións de entidades locais e deputacións provinciais de menos de 200.000: investimento máximo de 200.000,00 euros.