Estás en:
Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.
Convocatorias
Programa «Experiencias Turismo España»
Programa «Experiencias Turismo España»
O obxectivo é impulsar proxectos de redes de actores que desenvolvan experiencias turísticas sostibles, dixitais, integradoras e competitivas en España. O orzamento é de 26.000.000 euros. Desta cantidade, 5.000.000 euros destinarase a proxectos que teñan relación co Ano Nacional Xacobeo, en cuxo caso deberase priorizar ditos proxectos na resolución de concesión.
As actuacións financiables: deben enmarcarse nalgunha das seguintes liñas de traballo. incluíndo algunhas das seguintes accións:
a) Liña de traballo INNOVA:
- Propostas de creación de redes de actores en todo o territorio nacional ou, ao menos, en tres CCAA para impulsar o traballo colaborativo en torno a unha Experiencia Turismo España.
- Construción de relatos sobre Experiencias Turismo España.
- Desenrolo ou mellora do recurso turístico base para a creación de Experiencias Turismo España.
- Redeseño das Experiencias Turismo España cara a modelos verdes e sostibles.
- Apoio á transformación dixital das Experiencias Turismo España.
- Formación para a sustentabilidade e dixitalización de Experiencias Turismo España.
b) Liña de traballo INTEGRA:
- Estudos e propostas de planes de adaptación da Experiencia Turismo España á lóxica de economía circular e outras estratexias de incorporación do tecido produtivo local.
- Planes de adaptación de produtos e servizos a lóxica de economía circular e de proximidade.
- Implantación de boas prácticas ou melloras que impliquen maiores impactos positivos de Experiencias Turismo España en comunidades locais.
- Incorporación da diversidade de perfís de turistas a distintas Experiencias Turismo España.
- Formación e difusión en e para a adaptación á diversidade social das Experiencias Turismo España.
c) Liña de traballo COMUNICA:
- Mellora dos protocolos de seguridade que afectan ás distintas Experiencias Turismo España e deseño de estratexias de comunicación dos mesmos.
- Actuacións de tradución e adaptación a mercados de protocolos de seguridade e outros documentos de comunicación.
- Elaboración de planes de comunicación de Experiencias Turismo España.
- Creación de materiais de comunicación específicos, como recursos audiovisuais ou dixitais das Experiencias Turismo España.
- Integración de ferramentas dixitais na propia experiencia que faciliten a comunicación e desfrute de Experiencias Turismo España.
- Novas ferramentas TIC para a comunicación de Experiencias Turismo España.
Beneficiarios:
Os beneficiarios deberán ter un ámbito territorial de actuación que afecte, ao menos, a tres Comunidades Autónomas, xa sexa individualmente ou en agrupación.