Estás en:
Atrás
Propónse Valencia como capital da Economía Social 2024
Atrás
24/01/2024
Propónse Valencia como capital da Economía Social 2024
A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, propuxo a cidade de Valencia como nova capital da Economía Social para este ano, asumindo o testigo de San Sebastián, que ocupou esa capitalidade durante 2023. A ministra remarcou a posta en marcha da nova convocatoria do Plan Integral de Impulso da Economía Social, que concederá 80 millóns de euros para impulsar proxectos innovadores que contribúan a xerar un tecido económico inclusivo e sostible, pero tamén a iniciativas que o consoliden e amplíen. As axudas, que se enmarcan no Proxecto Estratéxico de Recuperación e Transformación Económica (PERTE) da Economía Social e dos Coidados, están destinadas a poñer en marcha proxectos de entidades de Economía Social, como cooperativas, mutuas, sociedades laborais, empresas de inserción, centros de emprego, confrarías de pescadores ou empresas de transformación agraria. En 2023, esta subvención foi concedida a 44 proxectos de entidades de Economía Social por un importe total de 10,2 millóns de euros. Existe unha entidade galega beneficiaria, a Asociación San Xerome de Emiliani, cun total concedido de 254.838 €. Entre outros proxectos, as axudas permitiron desenvolver unha plataforma para buscar oportunidades de emprego en empresas e entidades da Economía social.