Atrás

Publicación do novo informe do Tribunal Europeo de Contas sobre o MRR

Atrás
06/05/2025

Publicación do novo informe do Tribunal Europeo de Contas sobre o MRR

O pasado 6 de maio de 2025, publicouse o Informe do Tribunal Europeo de Contas. No mesmo realízase un análise das fortalezas e debilidades do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia.

En 2021 establecéuse o MRR, cuxo obxectivo era financiar áreas como a transición verde e dixital. Os países da Unión Europea deberían acadar uns hitos prefijados e establecer plans a nivel nacional para recibir os fondos. Os auditores levaron a cabo unha revisión dos fondos, tanto do seu funcionamento como da rentabilidade do mesmo. Cabe resaltar principalmente que o MRR non é realmente un mecanismo de financiamento baseado no rendemento, senón que pon un maior énfase na implementación. Así mesmo, medir a súa eficiencia no gasto e a relación calidade-prezo é moi difícil, dada a falta de información.

Entre todas as conclusións extraídas do informe, cabe destacar as seguintes:

  • MRR ten varias debilidades en canto a análise de rendemento, responsabilidade e transparencia. Aínda que o MRR foi crucial para a recuperación postpandemia, a información sobre os resultados obtidos é escasa e non hai datos sobre os seus custos reais, o que dificulta saber o valor que obtén a cidadanía europea polo seu diñeiro. A incapacidade para dispoñer dos datos sobre os custos reais e os resultados obtidos impide medir a eficiencia do gasto e o value for money.
  • Os auditores instan aos responsables políticos da UE a aprender do MRR e non permitir futuros instrumentos similares sen información clara sobre custos, destinatarios finais e beneficios para os cidadáns.
  • A pesar das melloras recentes, as garantías de control do MRR non son suficientemente sólidas. A Comisión Europea depende en gran medida dos estados membros para identificar e corrixir irregularidades, pero os seus sistemas presentan debilidades.
  • O MRR financíase case na súa totalidade mediante préstamos do mercado. Os custos de financiamento poderían chegar a ser máis do dobre das estimacións iniciais para 2026, o que exercerá unha presión significativa sobre os futuros orzamentos da UE.
  • A implementación do MRR regista retrasos, o que pon en risco poder acadar os seus obxectivos.
  • No caso do MRR, a distribución de fondos da UE aos orzamentos nacionais non está garantindo que o diñeiro chegue aos destinatarios finais e á economía real.