Atrás

Publicada a segunda convocatoria do programa de incentivos a proxectos de electrificación de flotas de vehículos lixeiros-PROGRAMA MOVES FLOTAS

Atrás

Publicada a segunda convocatoria do programa de incentivos a proxectos de electrificación de flotas de vehículos lixeiros-PROGRAMA MOVES FLOTAS

Esta segunda edición do programa MOVES FLOTAS está dirixida a seguir incentivando a electrificación do parque de vehículos lixeiros das empresas e do sector público institucional. A convocatoria busca o fomento da Mobilidade eléctrica e a progresiva substitución dos vehículos de combustión en todo o territorio nacional. O seu obxectivo específico é profundizar na electrificación integral de grandes flotas de transporte compostas por vehículos lixeiros – de ciclomotores a furgonetas-, ben sexan de empresas ou do sector público e sempre que operen en polo menos dúas comunidades autónomas. As solicitudes deben incluir a adquisición dun mínimo de 25 vehículos e un máximo de 500, e o límite de axudas por beneficiario non poderá superar os 2,5 millóns de euros. As características e requisitos da convocatoria están dispoñibles na sede electrónica da IDAE e a convocatoria estará aberta ata o 8 de marzo.