Estás en:
Publicadas as Bases Reguladoras e Convocatoria do Programa de mellora da competitividade e de dinaminación do Patrimonio Histórico cun uso turístico
Publicadas as Bases Reguladoras e Convocatoria do Programa de mellora da competitividade e de dinaminación do Patrimonio Histórico cun uso turístico
O BOE do 9 de xaneiro publicaba a Orde Ministerial pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria 2022 da concesión de axudas, en réxime de concurrencia competitiva para promover a mellora da competitividade dos destinos turísticos e potenciar o turismo cultural mediante a protección, mantemento e rehabilitación, de proxectos promovidos por parte de entidades locais ou comunidades autónomas en bens inmobles do patrimonio histórico declarados bens de interese cultural ou de algunha das categorías de protección equivalente para patrimonio cultural inmoble establecidas polas administración competentes cun uso turístico. A finalidade destas axudas é financiar proxectos promovidos por parte de entidades locais ou comunidades autónomas para a conservación, mantemento e rehabilitación de bens de interese cultural de titularidade pública cun uso turístico. A convocatoria enmárcase na inversión 4 do Compoñente 14 do PRTR.