Estás en:
Publicáronse as subvencións concedidas ata o 31 de marzo de 2025 das axudas correspondentes ao Programa de incentivos para a implantación de instalacións de enerxías renovables térmicas en diferentes sectores da economía, no marco do Plan de recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento IN422N), enmarcada no PERTE ERHA

O Instituto Enerxético de Galicia (Inega) publicou, en data de 2 de xuño de 2025, as subvencións concedidas ata o 31 de marzo de 2025, ao amparo da Resolución do 21 de marzo de 2022, pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos para a implantación de instalacións de enerxías renovables térmicas en diferentes sectores da economía, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento IN422N).
A convocatoria, publicada no DOG do 31 de marzo de 2022, e tras unha ampliación do orzamento mediante a Resolución do 5 de xuño de 2023, establece un orzamento total de 12.290.541 €. O prazo de presentación de solicitudes finalizou o pasado 31 de xullo de 2024. Por medio da presente resolución, que inclúe o listado dos beneficiarios seleccionados ata o 31 de marzo de 2025, resolvéronse un total de 2.094.535 €, sendo seleccionados 54 beneficiarios. Ata o momento resolvéranse ata o 31 de decembro de 2023 un total de 6.627.888 € a 149 beneficiarios. Polo que, ata o momento resolvéronse un total de 8.722.420 €, sendo seleccionados 203 beneficiarios.
A distribución do orzamento resolto por provincia resulta da seguinte maneira:
| Provincia | Nº Beneficiarios | Importe axuda (€) |
| Lugo | 37 | 970.599 |
| A Coruña | 10 | 808.202 |
| Ourense | 7 | 315.734 |
| Total | 54 | 2.094.535 |