Estás en:
Publicáronse as subvencións concedidas do 1 de outubro ao 31 de decembro de 2024 para a modernización de empresas privadas de transporte de viaxeiros prestadoras de servizos de transporte por estrada e de empresas privadas que interveñen no transporte de mercadorías por estrada
Publicáronse as subvencións concedidas do 1 de outubro ao 31 de decembro de 2024 para a modernización de empresas privadas de transporte de viaxeiros prestadoras de servizos de transporte por estrada e de empresas privadas que interveñen no transporte de mercadorías por estrada
A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes publicou, con data do 23 de xaneiro de 2025, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, as subvencións concedidas do 1 de outubro ao 31 de decembro de 2024 das axudas para a modernización de empresas privadas de transporte de viaxeiros prestadoras de servizos de transporte por estrada e de empresas privadas que interveñen no transporte de mercadorías por estrada, na Comunidade Autónoma de Galicia.
A convocatoria, publicada o 28 de abril de 2023, cuxa data límite de presentación de solicitudes finalizou o 1 de xullo de 2024, establecía un orzamento total máximo de 6.069.952 € para financiar as seguintes categorías de actividades:
Nº Categoría | Nome categoría |
1 | Xestión de documentos de control electrónicos |
2 | Sistema de tacógrafo inteligente de segunda xeración |
3 | Integración de documentos de control electrónicos nos sistemas de xestión |
4 | Implantación de sistemas TMS/ERP |
5 | Implantación de sistemas SAE |
6 | Actualización de sistemas SAE |
7 | Ayudas aos servicios de transporte de viaxeiros |
8 | Implantación de aplicacións para reclamacións por medios electrónicos |
9 | Mellora de sistemas de ticketing |
Resolvéronse un total de 1.511.000 €, sendo seleccionados 280 beneficiarios.
A distribución do orzamento por categoría e provincia resulta da seguinte maneira:
- 2. Sistema de tacógrafo inteligente de segunda xeración:
Provincia | Nº Entidades | Importe axuda (€) |
Pontevedra | 127 | 713.000 |
A Coruña | 61 | 270.000 |
Lugo | 51 | 259.000 |
Ourense | 29 | 193.000 |
Total | 268 | 1.435.000 |
- 3. Integración de documentos de control electrónicos nos sistemas de xestión:
Provincia | Nº Entidades | Importe axuda (€) |
Pontevedra | 5 | 33.000 |
Ourense | 2 | 14.000 |
Total | 7 | 47.000 |
- 4. Implantación de sistemas TMS/ERP:
Provincia | Nº Entidades | Importe axuda (€) |
Pontevedra | 2 | 10.000 |
Lugo | 1 | 5.000 |
Total | 3 | 15.000 |
- 9. Mellora de sistemas de Ticketing:
Provincia | Nº Entidades | Importe axuda (€) |
A Coruña | 1 | 7.000 |
Ourense | 1 | 7.000 |
Total | 2 | 14.000 |
Ademais, na resolución indícanse os importes correspondentes á renuncia ou perda de dereitos por solicitude de beneficiarios de convocatorias anteriores. En total, 17 entidades devolveron, en conxunto, a cuantía de 73.000 €.