Atrás

Publicáronse as subvencións concedidas entre o 1 de xaneiro de 2024 e o 31 de marzo de 2025 das axudas correspondentes ao Programa de incentivos 6 vinculado á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo, financiado pola Unión Europea NextGenerationEU (códigos de procedemento IN422L e IN422M), enmarcada no PERTE ERHA

Atrás
02/06/2025

Instituto Enerxético de Galicia (Inega) publicou, en data de 2 de xuño de 2025, as subvencións concedidas entre o 1 de xaneiro de 2024 e o 31 de marzo de 2025, ao amparo da Resolución do 28 de outubro de 2021, pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos 6 vinculado á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo, financiado pola Unión Europea NextGenerationEU (códigos de procedemento IN422L e IN422M).

A convocatoria, publicada no DOG do 9 de novembro de 2021, establece un orzamento total de 17.184.636 €. O prazo de presentación de solicitudes finalizou o pasado 31 de decembro de 2023. Por medio da presente resolución, que inclúe o listado dos beneficiarios seleccionados entre o 1 de xaneiro de 2024 e o 31 de marzo de 2025, resolvéronse un total de 1.598.277 €, sendo seleccionados 225 beneficiarios. Ata o momento resolvéranse ata o 31 de decembro de 2023 un total de 10.976.483 € a 1.813 beneficiarios. Polo que, ata o momento resolvéronse un total de 12.574.760 €, sendo seleccionados 2.038 beneficiarios.

A distribución do orzamento resolto por provincia resulta da seguinte maneira:

Provincia

Nº Beneficiarios

Importe ayuda (€)

A Coruña

90

639.311

Lugo

67

479.483

Ourense

45

159.828

Pontevedra

23

319.655

Total

225

1.598.277