Atrás

Publicáronse as subvencións concedidas entre o 1 de xaneiro de 2024 e o 31 de marzo de 2025 das axudas correspondentes aos programas de incentivos 1, 2 e 3 vinculados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector servizos e en outros sectores produtivos, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo (código de procedemento IN421W), enmarcada no PERTE ERHA

Atrás
02/06/2025

Instituto Enerxético de Galicia (Inega) publicou, en data de 2 de xuño de 2025, as subvencións concedidas entre o 1 de xaneiro de 2024 e o 31 de marzo de 2025, ao amparo da Resolución do 29 de setembro de 2021, pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes aos Programas de incentivos 1, 2 e 3 vinculados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector servizos e en outros sectores produtivos, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo (código de procedemento IN421W).

A convocatoria, publicada no DOG do 6 de outubro de 2021, e tras unha ampliación do orzamento mediante a Resolución do 12 de xuño de 2023, establece un orzamento total de 40.539.779 €. O prazo de presentación de solicitudes finalizou o pasado 31 de decembro de 2023. Por medio da presente resolución, que inclúe o listado dos beneficiarios seleccionados entre o 1 de xaneiro de 2024 e o 31 de marzo de 2025, resolvéronse un total de 5.002.516 €, sendo seleccionados 319 beneficiarios. Ata o momento resolvéranse ata o 31 de decembro de 2023 un total de 27.092.368 € a 1.381 beneficiarios. Polo que, ata o momento resolvéronse un total de 32.094.884 €, sendo seleccionados 1.700 beneficiarios.

A distribución do orzamento resolto por provincia resulta da seguinte maneira:

Provincia

Nº Beneficiarios

Importe axuda (€)

A Coruña

128

2.001.006

Lugo

96

1.500.755

Ourense

32

500.252

Pontevedra

63

1.000.503

Total

319

5.002.516