Atrás

Publicáronse os proxectos financiados na primeira convocatoria para impulsar o almacenamento conectado con plantas de xeración renovable

Atrás
08/01/2024

Publicáronse os proxectos financiados na primeira convocatoria para impulsar o almacenamento conectado con plantas de xeración renovable

A primeira convocatoria de axudas para proxectos innovadores de almacenamento de enerxía híbrida con instalacións de xeración eléctrica a partir de fontes de enerxía renovables é unha iniciativa do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), xestionada a través do Instituto de Aforro e Diversificación da Enerxía (IDAE). Tamén se inclúe no PERTE-ERHA de Enerxías Renovables, Hidróxeno Renovable e Almacenamento e en liña co borrador de actualización do Plan Integrado de Enerxía e Clima (PNIEC) 2021-2030. O 28 de decembro de 2023 publicouse a resolución definitiva da convocatoria. Seleccionáronse 35 proxectos, sendo o importe total adxudicado de 149.657.726 €. Entre os beneficiarios figura unha entidade galega o PARQUE EÓLICO DE MALPICA, S.A. que obtivo un importe de 1.198.150 € para o seu proxecto “Almacenamiento hibridado con el parque eólico repotenciado existente Malpica”. A maior parte dos proxectos beneficiarios das axudas están destinados a incorporar ou reforzar a capacidade de almacenamento en instalacións de xeración eólica ou fotovoltaica mediante tecnoloxía electroquímica. Están situados en 27 municipios de nove comunidades autónomas: Andalucía, Aragón, Castilla y León, Comunitat Valenciana, Galicia, Illes Balears, Navarra, Castilla La-Mancha e Extremadura. Destacan sobre todo os proxectos seleccionados en Castilla La-Mancha e Extremadura. Son os que suman maior potencia –632,4 MW adicionais– e os que concentran a maior parte das axudas: 95,4 millóns dos 150 millóns totais entre ambos. Das 27 iniciativas seleccionadas, tres de cada catro, sitúanse en áreas de desafío demográfico e/ou de transición xusta. En conxunto, os 36 proxectos mobilizarán investimentos de preto de 570 millóns de euros.