Atrás

Publicouse a resolución de concesión das subvencións a establecementos turísticos para actuacións de embelecemento do litoral galego (Cód. Proc. TU503F).

Atrás
20/04/2026

Publicouse a resolución de concesión das subvencións a establecementos turísticos para actuacións de embelecemento do litoral galego (Cód. Proc. TU503F).

A Presidencia da Xunta de Galicia publicou o 20 de abril de 2026, a través da Axencia de Turismo de Galicia, a resolución de concesión das subvencións a establecementos turísticos para actuacións de embelecemento do litoral galego (convocatoria correspondente ás anualidades 2025‑2026), no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU. 

Segundo a convocatoria publicada o 29 de agosto de 2025, cuxo prazo de presentación de solicitudes rematou o 12 de decembro de 2025, establecíase un orzamento máximo de 5.000.000 €. Seleccionáronse 116 entidades beneficiarias, entre as que se atopan persoas autónomas e sociedades, que obtiveron 4.563.430 € (o 91,27 % do total concedido). A distribución das persoas beneficiarias por provincias é a seguinte: 

Provincia

Nº Beneficiarios 

Total concedido (€)

Pontevedra

63

2.554.719

A Coruña 42 1.632.131
Lugo  10 345.269
Ourense 1 31.310
Total 116 4.563.429