Atrás

Publicouse no BOE a ampliación do orzamento fixado para a concesión de axudas aos participantes directos e asociados no Proxecto Importante de Interese Común Europeo de Saúde (Med4Cure), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, enmarcada no PERTE SAÚDE

Atrás
16/04/2025

O 14 de decembro de 2024 publicouse a Orde CNU/1418/2024, do 9 de decembro, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas aos participantes directos e asociados no Proxecto Importante de Interese Común Europeo de Saúde (Med4Cure) e procedese á convocatoria de axudas, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

A convocatoria ten por finalidade a concesión de axudas ás entidades españolas recoñecidas na Decisión C (2024) 3629 final, do 28 de maio, da Comisión Europea, como participantes directos e indirectos no Proxecto Importante de Interese Común Europeo de Saúde (Med4Cure) para a realización dos proxectos indicados nela.

Coa presente Orde CNU/367/2025, do 7 de abril, publicada o 16 de abril de 2025 no BOE, preténdese incrementar o orzamento previsto no artigo 31 da convocatoria de axudas para participantes directos e asociados no Proxecto Importante de Interese Común Europeo de Saúde (Med4Cure), en 16.975.383 €, incrementando o orzamento de 110.000.000 € a un total de 126.975.383 €.

A presente resolución non supón a apertura de prazo para a presentación de novas solicitudes nin o inicio dun novo prazo para a súa resolución.