Estás en:
Red.es lanza un novo Kit Dixital para medianas empresas con solucións de IA
Red.es lanza un novo Kit Dixital para medianas empresas con solucións de IA
O Goberno, a través de Red.es, lanzou unha nova convocatoria do programa Kit Dixital dirixida a medianas empresas de entre 50 e 250 empregados, cunha dotación inicial de 23,5 millóns de euros dos fondos NextGenerationEU. Esta convocatoria, a última dun programa de tres anos cun orzamento total de 75 millóns de euros, incorpora por primeira vez ferramentas de Intelixencia Artificial no seu catálogo de solucións tecnolóxicas.
As axudas, denominadas bonos dixitais, serán de 25.000 euros para empresas de entre 50 e menos de 100 empregados, e de 29.000 euros para empresas de entre 100 e menos de 250 empregados. As empresas poderán acceder a un catálogo de 14 solucións tecnolóxicas, dispoñibles na web de Acelera pyme, que inclúe categorías como comercio electrónico, xestión de redes sociais, xestión de clientes, business intelligence e analítica, entre outras. Algunhas solucións son incompatibles entre si, como a xestión de procesos e a xestión de procesos con IA. Naqueles casos en que sexan incompatibles, os beneficiarios só poderán asinar acordos por cada unha delas.
O período para solicitar as axudas comezará o 12 de decembro de 2024 e finalizará o 30 de xuño de 2025. As solicitudes presentaranse electronicamente na sede de Red.es. As axudas outorgaranse de forma directa e por orde de chegada, unha vez comprobado o cumprimento dos requisitos.
O programa Kit Dixital, xestionado por Red.es, ten como obxectivo promover a dixitalización de medianas, pequenas empresas, microempresas e autónomos, contribuíndo a modernizar o tecido produtivo español. Na actualidade, a nivel nacional, acadou a 530.000 pemes e autónomos beneficiarios, o que representa o 80% do obxectivo comprometido con Bruxelas no Plan de Recuperación, a pouco menos dun ano de que venza o prazo previsto.
No que respecta a Galicia, o programa beneficiou a un total de 25.553 autónomos e PEMES, sendo o importe total concedido á Comunidade de 111.052.000€. A distribución por Segmento resulta da seguinte forma:
Tipo de entidade | Segmento 1 | Segmento 2 | Segmento 3 | |||
Nº Beneficiarios | Importe concedido (€) | Nº Beneficiarios | Importe concedido (€) | Nº Beneficiarios | Importe concedido (€) | |
TOTALES | 2.723 | 32.688.000 | 5.841 | 35.046.000 | 16.989 | 43.330.000 |
E a nivel provincial, o total resolto a Galicia distribúese da seguinte maneira:
Provincia | Beneficiarios | Total concedido (€) |
A Coruña | 9.877 | 43.299.000 |
Lugo | 3.859 | 15.297.000 |
Ourense | 2.735 | 11.928.000 |
Pontevedra | 9.082 | 40.528.000 |
TOTAL | 25.553 | 111.052.000 |