Atrás

Redistribúese o crédito orzamentario recolleito na Resolución do 26 de xullo de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos á mobilidade eléctrica (programa Moves III)

Atrás
04/11/2024

Os programas de incentivos ligados á mobilidade eléctrica (Moves III), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, están regulados polo Real decreto 266/2021, do 13 de abril.

Un total de 50.251.406 € foron transferidos a Galicia ao Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) para o programa MOVES III a través do Real decreto 266/2021, do 13 de abril. INEGA á súa vez convocou ata a data 43.888.931 € mediante a Resolución do 26 de abril de 2021 (DOG núm. 149, do 5 de agosto).

En canto á posibilidade de redistribuír o orzamento, no artigo 10.10 do Real decreto 266/2021, do 13 de abril, recolle que na repartición do orzamento do programa de incentivos 1 non poderá superar o 80 % do orzamento e o orzamento do programa de incentivos 2 non poderá superar o 50 %. #De acordo con isto, a Xunta de Galicia notificou con carácter previo a redistribución ao IDAE, organismo responsable da coordinación e seguimento do Moves III.

A Resolución do INEGA do 26 de xullo de 2021 pola que se convoca o Programa estatal de incentivos á mobilidade eléctrica (Moves III) foi modificada en varias ocasións polas seguintes resolucións: a Resolución do 21 de outubro de 2021 (DOG núm. 207, do 27 de outubro); pola Resolución do 23 de decembro de 2021 (DOG núm. 8, do 13 de xaneiro); pola Resolución do 13 de outubro de 2022 (DOG núm. 201, do 21 de outubro); pola Resolución do 12 de xuño de 2023 (DOG núm. 116, do 20 de xuño); pola Resolución do 15 de decembro de 2023 (DOG núm. 243, do 26 de decembro); pola Resolución do 6 de xuño de 2024 (DOG núm. 115, do 14 de xuño); pola Resolución do 16 de xullo de 2024 (DOG núm. 142, do 23 de xullo); pola Resolución do 18 de xullo de 2024 (DOG núm. 146, do 30 de xullo) e pola Resolución do 6 de setembro de 2024 (DOG núm. 176, do 12 de setembro).

Os créditos orzamentarios dos dous programas de incentivos contaban coa seguinte repartición orzamentaria:

Tipo de actuación

Presupuesto total (€)

Programa de incentivos 1: Adquisición de vehículos eléctricos

29.943.207

Programa de incentivos 2: Implantación de infraestructura de recarga de vehículos eléctricos

13.945.723

TOTAL (€)

43.888.931

O día 4 de novembro de 2024, publícase no DOG a Resolución de 25 de outubro de 2024, pola cal se publica a nova redistribución de crédito orzamentario entre os dous programas de incentivos:

Tipo de actuación

Presupuesto total (€)

Programa de incentivos 1: Adquisición de vehículos eléctricos

31.443.207

Programa de incentivos 2: Implantación de infraestructura de recarga de vehículos eléctricos

12.445.723

TOTAL (€)

43.888.931

A día de hoxe, o programa MOVES III concedeu 28.766.439 € a 6.106 beneficiarios (un 65% do total publicado). O detalle dos beneficiarios galegos de MOVES III é o seguinte:

Tipo de actuación

Total Concedido (€)

Nº beneficiarios

Programa de incentivos 1: Adquisición de vehículos eléctricos

18.755.240

4.460

Programa de incentivos 2: Implantación de infraestructura de recarga de vehículos eléctricos

10.011.199

1.646

TOTAL

28.766.439

6.106