Estás en:
O Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública publica a proposta de resolución definitiva da convocatoria de Axudas para a Transformación Dixital dos sectores produtivos estratéxicos mediante a creación de demostradores e casos de uso de espazos de compartición de Datos
O Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública publica a proposta de resolución definitiva da convocatoria de Axudas para a Transformación Dixital dos sectores produtivos estratéxicos mediante a creación de demostradores e casos de uso de espazos de compartición de Datos
O Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública publicou o 15 de novembro de 2024, a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, a proposta de resolución definitiva das Axudas para a Transformación Dixital dos sectores produtivos estratéxicos mediante a creación de demostradores e casos de uso de espazos de compartición de Datos.
Segundo a convocatoria publicada o 22 de decembro de 2023, cuxo prazo rematou o 16 de maio de 2024, o orzamento máximo establécese en 150.000.000 €. O 15 de novembro, publicouse a proposta de resolución definitiva, sendo seleccionados 90 proxectos cun importe total concedido de 80.947.907 € (un 53,97 % do total orzamentado). Quedando así máis do 55 % dos fondos sen conceder. Entre os beneficiarios hai 8 entidades galegas que obtiveron un total de 6.508.419 € (un 8,04 % do total concedido).
O detalle dos beneficiarios galegos é o seguinte:
CIF | Nome beneficiario | Título do proxecto | Importe axuda (€) |
G15852981 | FUNDACIÓN PÚBLICA GALLEGA CENTRO TECNOLÓGICO DE SUPERCOMPUTACIÓN DE GALICIA | AiDataMed | 487.826 |
G97417711 | FUNDACIÓN VITHAS | Potenciando la salud a través de los datos: desarrollo del Espacio de Datos de Fundación Vithas como Centro Demostrador en el sector Salud | 745.115 |
G15852981 | FUNDACIÓN PÚBLICA GALLEGA CENTRO TECNOLÓGICO DE SUPERCOMPUTACIÓN DE GALICIA | Demostrador Multisectorial DATAlife | 3.077.058 |
G36911972 | FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA DE INVESTIGACIÓN BIOMÉDICA GALICIA SUR | GIFT (Gastroenterology Interface with Fair Treatment) | 505.159 |
Q8650002B | UNIVERSIDADE DE VIGO | CeliaSpace: Caso de Uso de Datos de Asistentes Conversacionales para la Evaluación de la Salud | 367.643 |
G15852981 | FUNDACIÓN PÚBLICA GALLEGA CENTRO TECNOLÓGICO DE SUPERCOMPUTACIÓN DE GALICIA | (BRILLIANT) Observatorio de Sarcopenia | 626.108 |
B87307609 | INVERBIS ANALYTICS SOCIEDAD LIMITADA | SALUSBENCH | 305.505 |
A36608800 | HERMASA CANNING TECHNOLOGY S.A. | HERMASA SMART TUNA HUB | 394.005 |
Total concedido de axuda (€) | 6.508.419 |