Estás en:
Atrás
Resolución definitiva dos proxectos tractores de apoio á industria alimentaria seleccionados no PERTE Agroalimentario
Atrás
23/02/2024
Resolución definitiva dos proxectos tractores de apoio á industria alimentaria seleccionados no PERTE Agroalimentario
O Ministerio de Industria e Turismo publicou unha nova resolución definitiva do PERTE Agroalimentario no seu Eixo 1, que se centra no apoio á industria alimentaria. A resolución contempla o apoio a 13 proxectos tractores do sector agroalimentario mediante a concesión de axudas por importe de 181.575.915,80 € financiadas a través do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia. Desta axuda: 161.612.914,39 € concédense en concepto de subvención e 19.963.001,41 € en concepto de préstamo. As axudas aprobadas abarcan preto de 300 proxectos primarios de máis de 200 empresas e abrangue actuacións en 14 comunidades autónomas, sendo Cataluña, a Comunidade Valenciana e Galicia as que máis axudas reciben. En Galicia, o proxecto SMARTZ4MILK - Cadea de valor láctea intelixente, trazable, sostible e conectada, proxecto tractor liderado por GRUPO LENCE que conta coa participación de 14 empresas cuxo obxectivo é aumentar a competitividade, a sustentabilidade e a resiliencia do sector lácteo galego a través da I+D+i en dixitalización e trazabilidade, así como investimento en activos destinados á protección ambiental e á eficiencia enerxética. Este proxecto recibe unha axuda total de 9.712.406 € sobre un orzamento financiable que ascende a 16.877.249,30 €. Do total das axudas aprobadas para este proxecto tractor, 9.400.101 € son en concepto de subvención e 312.305 € en concepto de préstamo .