Estás en:
Atrás
Saen adiante as iniciativas plantexadas na comisión de pesca do Senado sobre o PERTE para a cadea galega mar-industria e a redución do IVE do peixe
Atrás
13/02/2024
Saen adiante as iniciativas plantexadas na comisión de pesca do Senado sobre o PERTE para a cadea galega mar-industria e a redución do IVE do peixe
A comisión de pesca do Senado aprobou a solicitude do grupo parlamentario popular para que o Goberno priorice os trámites ante a Comisión Europea para a aprobación dun PERTE específico para a cadea mar-industria. Outra das mocións que se presentaron foi a relacionada coa rebaixa do IVE. Tamén unha terceira proposta, neste caso sobre a revisión das zonas vedadas. Foi o portavoz do PP na comisión, Manuel Ruiz, quen argumentou as propostas do seu partido. No caso do PERTE, destacou que España é a primeira potencia europea na transformación e comercialización dos produtos pesqueiros, polo que un PERTE é fundamental para a súa reestruturación e supervivencia. Ademais, chamou a atención sobre o feito de que o complexo mar-industria sufriu as consecuencias da pandemia xerada polo covid, a guerra de Ucraína e a inflación, pero quedou excluído do PERTE do sector agroalimentario. Ruiz destacou que isto deixou fóra ás empresas que supoñen o 75% da facturación e o 70% do emprego. Tamén revelou que a produción anual de conservas de peixe e marisco en España alcanza as 520.435 toneladas, exporta a 140 países e xera 26.000 empregos directos. En canto ao IVE, Manuel Ruiz solicitou ao Goberno que rectifique a súa posición actual e que non exclúa o peixe, o marisco e as conservas da rebaixa do IVE que se aplica aos demais alimentos básicos. Nun segundo punto, reclamou a posta en marcha de campañas de promoción para fomentar o consumo de produtos do mar, co fin de dar a coñecer os beneficios do consumo de peixe para a saúde e para o conxunto da economía, apoiando tamén ao sector nesta tarefa. Así mesmo, o senador do PP defendeu a moción do seu grupo para que o Goberno reclame á Comisión Europea a necesidade de que se revisen as zonas de pesca de fondo prohibidas e que se realice a súa designación co máximo rigor técnico e científico.