Estás en:
Subvencións de 149 millóns de euros ás entidades locais para financiar proxectos de dixitalización con cargo ós fondos europeos
Subvencións de 149 millóns de euros ás entidades locais para financiar proxectos de dixitalización con cargo ós fondos europeos
O Ministerio de Política Territorial resolveu a concesión de 149 millóns de euros para subvencionar proxectos de dixitalización das entidades locais, da convocatoria de 2022, con cargo ao PRTR, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. Esta convocatoria, para municipios con poboación entre 20.000 e 50.000 habitantes, diputacións forais e provincias, cabildos, consellos insulares, Ceuta e Melilla e comunidades autónomas uniprovinciais, iniciou o seu prazo de presentación de solicitudes no pasado agosto, no que as entidades locais puideron presentar os seus proxectos de dixitalización, destinados a acercar a Administración local ós cidadáns e facilitar os trámites con propostas innovadoras que melloren a prestación dos servizos públicos, finalizando o prazo a finais do 2022. Os criterios de asignación das axudas consensuáronse coas entidades locais, a través da Comisión Nacional de Administración Local (CNAL) e da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP). Un total de 265 concellos, con poboación entre 20.000 e 50.000 habitantes, estaban chamados a presentar os seus proxectos nesta convocatoria, así como 60 diputacións provincias, cabildos, consellos insulares, cidades autónomas de Ceuta e Melilla ou comunidades autónomas uniprovinciais. Entre as prioridades das subvencións presentadas para a modernización e dixitalización das entidades locais figuran a mellora da accesibilidade dos servizos públicos dixitais a cidadáns e empresas; reducción da fenda dixital; mellora da eficiencia e eficacia dos empregados públicos; reutilización dos servizos e solución dixitais construidas; ou a utilización activa das tecnoloxías emerxentes no despregue de novos servizos dixitais (chatbots, automatización e robotización, plataformas, etc.). Entre os beneficiarios hai 19 entidades locais galegas, as cales obtiveron un total de 13.473.635 €, o que representa un 9% sobre o total concedido. As Deputacións provinciais de Lugo e A Coruña, son as entidades que obtiveron un importe maior de axuda, recibindo cada unha delas máis de 3 millóns de euros.