Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.

 

Convocatorias Convocatorias

Atrás

Subvencións a salas de exhibición cinematográfica establecidas en Galicia para proxectos de innovación, funcionamento dixitalizado e sostible, creación e fidelización de públicos e adaptación aos novos hábitos de consumo audiovisual

Atrás
10/07/2022

Subvencións a salas de exhibición cinematográfica establecidas en Galicia para proxectos de innovación, funcionamento dixitalizado e sostible, creación e fidelización de públicos e adaptación aos novos hábitos de consumo audiovisual

Estas axudas están destinadas a cubrir o investimento vinculado aos tres eixos de acción principais que se relacionan a continuación xunto coas actividades  elixibles que se especifican:

Eixo 1. Dixitalización e aplicación de novas tecnoloxías á actividade das salas de exhibición: Estudos de viabilidade de proxectos de transformación dixital; Comunicación e márketing dixital;  Actualización de sistemas de  ticketing; Modernización de sistemas dixitais de proxección, audio e conectividade, incluíndo aqueles dirixidos a persoas con discapacidade; Aplicación de intelixencia artificial e  big data; Dixitalización doutros servizos.

Eixo 2. Adopción de medidas de desenvolvemento sostible e impacto ambiental positivo: Estudos dirixidos a identificar posibles melloras en áreas relacionadas coa sustentabilidade, a eficiencia enerxética da empresa, a economía circular e o desenvolvemento de plans de acción. Capacitación e implantación de modelos de xestión baseados en economía circular. Investimentos dirixidos a aumentar a eficiencia enerxética. Investimentos para a utilización de fontes renovables e xeración de electricidade para autoconsumo. Investimentos en sistemas de xestión de residuos e mellora dos sistemas de reciclaxe. Formación ao persoal en eficiencia enerxética e xestión de residuos. Outras iniciativas de desenvolvemento sostible.

Eixo 3. Fidelización e captación de públicos, innovación na programación e na circulación de producións europeas e en linguas oficiais de España: Programación de películas que contribúan a aumentar a diversidade da oferta cinematográfica; Programacións especiais ou regulares de cinema de autoría e/ou produción galega; Prácticas e procesos de promoción e fidelización de públicos innovadores por salas ou redes de salas; Actividades vinculadas a programas escolares, educativos ou de integración social e/ou cultural. Campañas de márketing de asistencia ao cinema, xerais ou dirixidas a grupos particulares de poboación. Campañas de promoción de películas europeas, iberoamericanas, en linguas cooficiais españolas, realizadas por mulleres. Proxectos para o desenvolvemento de comunidades de públicos centrados na inclusión e en favorecer o acceso ao cinema. Desenvolvemento de actividades para captación de públicos, podendo incluír talleres e seminarios de formación, desenvolvemento de software e programas de educación e aprendizaxe. Desenvolvemento de actividades profesionais que teñan como obxectivo a creación, fidelización e incremento de públicos para as salas.

Beneficiarios: Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas con domicilio ou sucursal en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter social ou  estatutariamente como obxecto social a exhibición comercial de películas cinematográficas, no suposto de persoas xurídicas.

b) Estar dadas de alta no imposto de actividades económicas, no epígrafe 963.1, no momento da publicación da presente convocatoria.

c) Ser titulares ou posuidoras, por calquera título válido en dereito, da sala ou salas de exhibición cinematográfica situadas na Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade coa definición que destes establecementos determínase no Decreto 124/2019, do 5 de setembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público e establécense determinadas disposicións xerais de aplicación na materia.

Estas subvencións, que teñen carácter plurianual, financiaranse cun crédito total de 843.697,42 euros. a contía máxima da subvención corresponderase co número de pantallas da sala de exhibición cinematográfica e queda establecida como segue:

Número de pantallas

Importe máximo

1

21.600 €

2

24.000 €

3

26.400 €

4

28.800 €

5

31.200 €

6

33.600 €

7

36.000 €

8

38.400 €

9

40.800 €

10

43.200 €

11

45.600 €

12

48.000 €

13

50.400 €

14

52.800 €

15

55.200 €

 

A intensidade máxima da axuda será do 80 % do gasto subvencionable.

Código BDNS: 631390

 


Expresións de interese Expresións de interese