Estás en:
Subvencións concedidas do 1 de xullo ao 30 de setembro de 2024 para a modernización de empresas privadas de transporte de viaxeiros prestadoras de servizos de transporte por estrada e empresas privadas que interveñen no transporte de mercadorías por estrada, na Comunidade Autónoma de Galicia, no marco de Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia
Subvencións concedidas do 1 de xullo ao 30 de setembro de 2024 para a modernización de empresas privadas de transporte de viaxeiros prestadoras de servizos de transporte por estrada e empresas privadas que interveñen no transporte de mercadorías por estrada, na Comunidade Autónoma de Galicia, no marco de Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia
A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes publicou, o pasado 16 de outubro de 2024, a Resolución de 3 de outubro de 2024, pola que se publican as subvencións concedidas do 1 de xullo ao 30 de setembro de 2024 ao amparo da Orde de 17 de abril de 2023, pola que se convocan subvencións para a modernización de empresas privadas de transporte de viaxeiros prestadoras de servizos de transporte por estrada e de empresas privadas que interveñen no transporte de mercadorías por estrada, na Comunidade Autónoma de Galicia, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2023 e 2024.
A convocatoria, publicada no DOG de 28 de abril de 2023, establecía un orzamento total máximo de 6.069.951,54€, para financiar as seguintes categorías de actividades:
Nº Categoría | Nome |
1 | Xestión de documentos de control electrónicos |
2 | Sistema de tacógrafo intelixente de segunda xeración |
3 | Integración de documentos de control electrónicos nos sistemas de xestión |
4 | Implantación de sistemas TMS/ERP |
5 | Implantación de sistemas SAE |
6 | Actualización de sistemas SAE |
7 | Axudas aos servizos de transporte de viaxeiros |
8 | Implantación de aplicacións para reclamacións por medios electrónicos |
9 | Mellora de sistemas de ticketing |
Desde o 01/07/2024 até o 30/09/2024, seleccionáronse un total de 207 beneficiarios, sendo o importe total concedido de 1.236.000€ (un 20% do total presupuestado). A distribución do orzamento entre as diferentes provincias resultou da seguinte maneira:
Provincia | Importe |
A Coruña | 370.000 € |
Pontevedra | 537.000 € |
Lugo | 189.000 € |
Ourense | 140.000 € |
TOTAL | 1.236.000 € |