Estás en:
Subvencións concedidas do 1 de xullo ao 30 de setembro de 2024 para a transformación de flotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do PRTR
Subvencións concedidas do 1 de xullo ao 30 de setembro de 2024 para a transformación de flotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do PRTR
A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes publicou, o pasado 16 de outubro de 2024, a Resolución de 3 de outubro de 2024 pola que se publican as subvencións concedidas do 1 de xullo ao 30 de setembro de 2024 ao amparo da Orde de 30 de marzo de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a transformación de flotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco da Compoñente 1 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea -NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024.
A convocatoria, publicada no DOG de 1 de abril de 2022 e cuxo crédito foi redistribuido por medio da Orde de 6 de marzo de 2024, pola que se establecen criterios para a redistribución do crédito entre as actividades previstas inicialmente na Orde de 30 de marzo de 2022, establecía un orzamento máximo de 28.583.643,36 €, distribuidos a través das seguintes actividades:
Liña | Importe |
Achatarramento | 12.862.639,51 € |
Adquisición de vehículos de enerxías alternativas baixas en carbono | 12.576.803,08 € |
Retrofit ou modificación da forma de propulsión de vehículos | 1.429.182,16 € |
Implantación de infraestruturas de recarga | 1.429.182,16 € |
Adquisición de semirremolques para carreteras ferroviarias | 285.836,44 |
TOTAL | 28.583.643,36 € |
Por medio da presente resolución resolveuse un total de 3.530.000€, sendo seleccionados 129 beneficiarios, dos cales 126 correspóndense coa actividade de achatarramento, recibindo un total de 3.530.000€. Pola súa banda, e no que respecta á liña de adquisición de vehículos de enerxías alternativas baixas en carbono, seleccionáronse 3 beneficiarios, recibindo un total de 430.000€.
A distribución do orzamento por liña de actividade e provincia resulta da seguinte maneira:
- Actividade 1: Achatarramento
Provincia | Importe |
A Coruña | 1.069.000 € |
Pontevedra | 864.000 € |
Lugo | 590.000 € |
Ourense | 577.000 € |
TOTAL | 3.100.000 € |
- Actividade 2: Adquisición de vehículos de enerxías alternativas baixas en carbono
Provincia | Importe |
A Coruña | 190.000 € |
Lugo | 130.000 € |
Ourense | 110.000 € |
TOTAL | 430.000 € |
Así mesmo, na resolución indícanse os importes correspondentes á renuncia ou perda de dereitos por solicitude de beneficiarios de convocatorias anteriores. En total, 14 empresas devolveron, no seu conxunto, a contía de 95.000€. A continuación desglósase a relación de empresas e importes de renuncia ou perda de dereito por solicitude:
NIF | Nombre beneficiario | Importe |
B36009892 | Suárez Araújo, S.L. | 24.000 € |
B27852409 | Carpincho, Autologística y Transportes, S.L. | 10.000 € |
B15512031 | Autos Ordes, S.L. | 12.000 € |
B36314581 | Autocares Vda. de Cándido, S.L. | 12.000 € |
B42753780 | Portaucavi Transportes, S.L.U. | 10.000 € |
B27232743 | Cristo Galicia, S.L. | 12.000 € |
B81810590 | Barcala Sanz, S.L. | 4.000 € |
B27156884 | Autos Rebollal, S.L. | 32.000 € |
B94130929 | Grúas Taracido, S.L. | 5.000 € |
***8029** | Julio Gómez López | 10.000 € |
***3831** | Álvaro Álvarez Fernández | 10.000 € |
B70337829 | Jovasa 2012, S.L.U | 20.000 € |
B70578000 | Transmudanzas Mouzo, S.L | 5.000 € |
B27268267 | Autocares Manolete, S.L. | 9.000 € |
TOTAL | 95.000 € |