Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.

 

Convocatorias Convocatorias

Atrás

Subvencións en concorrencia non competitiva do eco-incentivo para o impulso do transporte ferroviario de mercadorías baseado no mérito ambiental e socioeconómico

Atrás
31/03/2023

Subvencións en concorrencia non competitiva do eco-incentivo para o impulso do transporte ferroviario de mercadorías baseado no mérito ambiental e socioeconómico

O obxectivo é subvencionar o desenvolvemento e uso de servizos de transporte ferroviario de mercadorías de forma proporcional a un mérito ambiental e socioeconómico demostrado, medido como redución de custos externos do modo ferroviario respecto do modo estrada, en cumprimento dos obxectivos específicos establecidos para a medida 5 do investimento 4 do compoñente 6 do PRTR.

Considéranse factores de custo externo, de acordo co manual de custos externos do transporte da Comisión Europea, os seguintes:

– Ambientais: Efecto invernadoiro (o equivalente de dióxido de carbono, CO2 eq.) e Contaminación atmosférica (óxidos de xofre, SOx; óxido de nitróxeno, NOx; e, partículas finas, PM2,5).

– Socioeconómicos: Conxestión, Accidentalidade e Ruído.

 Beneficiarios: poderán ter a condición de beneficiarios todas aquelas persoas xurídicas establecidas

nun Estado membro da Unión Europea legalmente autorizadas para realizar transporte ferroviario de mercadorías en España.

A convocatoria ten un orzamento máximo de 20 millóns de euros. A intensidade da subvención dependerá do mérito ambiental e socioeconómico demostrado durante a realización da actividade subvencionable, medido como o aforro unitario de custos externos da actividade respecto do transporte por estrada, tendo en conta o tipo de tracción e eficiencia do transporte ferroviario, de conformidade co establecido na convocatoria.

Enlaces


Expresións de interese Expresións de interese