Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.

 

Convocatorias Convocatorias

Atrás

Subvencións para a execución de programas de formación de ámbito estatal, destinados á recualificación de persoas traballadoras que estivesen ou estean incluídas en ERTE

Atrás
07/11/2023

Subvencións para a execución de programas de formación de ámbito estatal, destinados á recualificación de persoas traballadoras que estivesen ou estean incluídas en ERTE

Ten por obxecto a aprobación, polo procedemento de trámite anticipado, da convocatoria de 119 millóns de euros en subvencións para o financiamento de programas de formación de ámbito estatal destinados á recualificación de persoas traballadoras que estivesen ou estean incluídas en expedientes de regulación temporal de emprego ( ERTE) para os exercicios 2020, 2021, 2022 e 2023.

Os programas de formación que se financien ao amparo desta convocatoria poderán iniciarse a partir da súa aprobación e no prazo de nove meses seguintes á data de comunicación ao beneficiario da resolución de concesión. Excepcionalmente, e por razóns debidamente xustificadas., o Director Xeral do Servizo Público de Emprego Estatal poderá autorizar a prórroga dos devanditos prazos, sempre cunha finalización que non poderá superar marzo de 2025.

1. As accións formativas que se inclúan dentro desta convocatoria corresponderanse con especialidades non conducentes á obtención dun certificado de profesionalidade.

2. As empresas deberán elaborar un programa formativo que se axuste ás súas necesidades para a mellora das competencias profesionais e a empregabilidade das persoas traballadoras afectadas por expedientes de regulación temporal de emprego da súa empresa.

3. Para os programas de formación regulados no artigo 9. b), a oferta recollida na presente convocatoria inclúe, entre outras, accións formativas que responden a necesidades de adquisición e desenvolvemento de competencias e empregos verdes e dixitais.

4. A formación será teórico-práctica e poderase impartir en modalidade presencial, de acordo co disposto no apartado 5 deste artigo, teleformación e mixta (presencial e teleformación).

A duración mínima das accións formativas será de 40 horas incluíndo necesariamente dentro das mesmas, o módulo de competencias dixitais dos procesos produtivos ou de eficiencia enerxética e sustentabilidade, segundo os casos.

Beneficiarios: (1) Poderán solicitar subvención pública para a execución de programas de formación de ámbito estatal, destinados á recualificación de traballadores que estivesen ou estean incluídos en expedientes de regulación temporal de emprego, (2) os programas vinculados obxecto desta convocatoria de ámbito estatal, as seguintes entidades reguladas no artigo 11.1. b), (3) As empresas que impartan directamente a formación e as entidades de formación deberán estar rexistradas para a impartición das accións incluídas na solicitude presentada, de acordo co procedemento establecido na Orde TMS/369/2019, do 28 de marzo.

Establécense os seguintes prazos de presentación de solicitudes:

- Tres prazos no exercicio 2022:

1º. Un prazo de trinta días hábiles, a contar desde o día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no “Boletín Oficial do Estado”.

2º. Desde o 18 de abril ata o 27 de maio de 2022.

3º. Desde o 3 de outubro ata o 15 de novembro de 2022.

- Dous prazos no exercicio 2023:

 1º. Desde o 10 de abril ata o 22 de maio de 2023.

 2º. Desde o 25 de setembro ata o 7 de novembro de 2023.

Enlaces


Expresións de interese Expresións de interese