Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.

 

Convocatorias Convocatorias

Atrás

Subvencións para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestatarias de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario

Atrás
04/06/2026

Subvencións para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestatarias de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario

De acordo co disposto no artigo 16 do Real decreto 983/2021, do 16 de novembro, son actuacións subvencionables:

 

  1. Actividade 1:  achatarramiento. Código de procedemento  IF318 B.
  2. Actividade 2: adquisición de vehículos de enerxías alternativas baixas en carbono. Código de procedemento  IF318 C.
  3. Actividade 3:  retrofit ou modificación da forma de propulsión de vehículos. Código de procedemento  IF318D.
  4. Actividade 4: implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos. Código de procedemento  IF318E.
  5. Actividade 5: adquisición de  semirremolques para autoestradas ferroviarias. Código de procedemento  IF318 F.

 

Beneficiarios: serán destinatarias últimas das subvencións convocadas por esta orde, sempre que teñan a súa residencia fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia, as persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dalgunha das seguintes autorizacións en vigor á data de solicitude das axudas:

 

  • Unha autorización de transporte público de mercadorías  habilitante para facer transporte con vehículos ou conxuntos de vehículos de máis de 3,5  t de masa máxima, identificada coa clave  MDPE.
  • Unha autorización de transporte público  discrecional de viaxeiros en autobús, identificada coa clave  VDE.
  • Unha autorización de transporte privado complementario de mercadorías  habilitante para facer transporte con vehículos ou conxuntos de vehículos de máis de 3,5  t de masa máxima, identificada coa clave  MPCE.
  • Unha autorización de transporte privado complementario de viaxeiros en autobús coa clave  VPCE.
  • Unha autorización autonómica de transporte público de mercadorías con clave  MDLE, sempre que teñan adscritos á devandita autorización vehículos de máis de 3,5  t de masa máxima a data de aprobación do presente real decreto.

 

Serán igualmente destinatarias últimas das subvencións convocadas mediante esta orde, sempre que teñan a súa residencia fiscal en Galicia, as persoas xurídicas privadas que á data de solicitude da axuda presten o servizo público de transporte urbano en autobús e estivesen exentas da obtención dalgunha das autorizacións incluídas no apartado 1 do artigo 14 do Real decreto 983/2021, do 16 de novembro.

 

A dotación orzamentaria inicial é a seguinte e distribúese nas seguintes anualidades:

 

 

Ligazóns