Atrás

Traballo e comunidades acordan a distribución territorial de 2.803 millóns de euros para Políticas Activas de Emprego

Atrás
28/04/2023

Traballo e comunidades acordan a distribución territorial de 2.803 millóns de euros para Políticas Activas de Emprego

A LXXXIII Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais acordou, co total acordo das partes, o reparto territorial de 2.803.847.030 euros destinados á xestión territorial dependente das comunidades autónomas en materia de Políticas Activas de Emprego. Esta cantidade está financiada fundamentalmente por 2.571.961.030 euros a cargo do orzamento do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE). A estos fondos únense outros 231.886.000 euros aportados polo orzamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Na devandita distribución, Galicia obtivo 212.266.668 € para levar a cabo distintas políticas activas de emprego.