Estás en:
Transformación Dixital destina máis de 80 millóns de € á creación de Espazos de Datos en Sectores Estratéxicos
Transformación Dixital destina máis de 80 millóns de € á creación de Espazos de Datos en Sectores Estratéxicos
O Ministerio de Transformación Dixital e Función Pública, a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, publicou a proposta de resolución provisional da convocatoria de axudas destinadas á creación de Espazos de Datos Sectoriales.
A convocatoria establece un orzamento máximo de 150.000.000 €. Seleccionáronse provisionalmente 90 proxectos, sendo o importe total concedido 83.045.424 € (o 55,36% do total orzamentado). Entre os proxectos beneficiarios hai 8 realizados por entidades galegas que obtiveron 6.214.379 € (o 7,48% do total concedido).
Estas iniciativas, distribuídas en sectores clave como a saúde, a agroalimentación e a mobilidade sostible, buscan impulsar a produtividade, a competitividade e a eficiencia mediante o intercambio de datos entre fabricantes, investigadores e provedores de infraestruturas. Con estes proxectos, os sectores estratéxicos poderán extraer o valor dos datos, promovendo a toma de decisións informadas, a innovación tecnolóxica e a optimización de recursos.
Do total de axudas propostas, o 63% dos proxectos seleccionados foron presentados por entidades privadas, que recibirán o 45% do total da subvención asignada. Por outra banda, o 37% dos proxectos foron promovidos por entidades públicas, que recibirán o 55% do importe total. Esta distribución reflicte un equilibrio estratéxico entre a colaboración público-privada, garantindo que tanto empresas como institucións públicas participen activamente no fomento da economía do dato. Ademais, as empresas e institucións que impulsan os proxectos están distribuídas en 13 CCAA.