Estás en:
Atrás
Transformación Dixital publica a proposta de resolución das Cátedras ENIA
Atrás
05/02/2024
Transformación Dixital publica a proposta de resolución das Cátedras ENIA
O Ministerio de Transformación Dixital e Servizo Público, a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, publicou a resolución provisional das Cátedras ENIA, é dicir, os proxectos aprobados no marco desta iniciativa para seguir avanzando no desenvolvemento de aplicacións baseadas na Intelixencia Artificial. Para establecer os criterios e requisitos de selección das cátedras púxose en marcha unha Manifestación de Interese, publicada en 2022, na que se recolleu información sobre posibles liñas de investigación e tipoloxía de proxectos de investigación. Finalmente, en novembro de 2022 presentouse a iniciativa “Cátedras ENIA”, dotada cun orzamento de 16 millóns de euros pertencente ao Compoñente 16 do Plan de Transformación e Recuperación de Resiliencia e establecéronse áreas temáticas a seguir. Ademais de conectar a IA cos diferentes temas referenciados, as cátedras fixeron especial fincapé na colaboración público-privada e na súa sustentabilidade. A resolución publicada en xaneiro de 2024 prevé a admisión de 15 cátedras nacionais e 7 cátedras internacionais que abordarán arredor de 10 áreas de coñecemento como a IA responsable e a ética, a música e as artes, as ciencias da saúde ou os algoritmos verdes, entre outras. Entre as universidades beneficiarias do programa e que porán en marcha as axudas hai outras públicas como a Universidade de Granada, a Universidade Carlos III de Madrid, a Universidade de Girona ou a Universidade de Alicante. Dos 15,7 millóns de euros resoltos, un total de 1.799.049 euros foron concedidos a beneficiarios galegos. A Universidade da Coruña obtivo unha axuda de 899.968 euros para o seu proxecto “Cátedra UDC-Inditex de IA en Algoritmos Verdes” e pola súa banda a Universidade de Santiago de Compostela un total de 899.081 euros para o seu proxecto “Cátedra de Intelixencia Artificial Aplicada a Medicina Personalizada de Precisión”.