Atrás

Transición Ecolóxica adxudica 185,7 millóns en axudas para repotenciación eólica, minihidráulica e reciclaxe de palas de aeroxeneradores

Atrás
24/10/2023

Transición Ecolóxica adxudica 185,7 millóns en axudas para repotenciación eólica, minihidráulica e reciclaxe de palas de aeroxeneradores

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) formalizou a concesión de 185,7 millóns de euros en axudas do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiadas con fondos europeos Next GenerationEU a un total de 169 proxectos que inclúen accións de repotenciación para os parques eólicos antigos, a modernización e mellora ambiental de instalacións hidráulicas de ata 10 MW, así como a posta en marcha das primeiras plantas de reciclaxe e tratamento de palas de aeroxeradores en España. Os proxectos de substitución completa de aeroxeradores (liña 1 do programa) elixidos prevén substituír 1.205 aeroxeradores antigos por 167 de última xeración (un 86% menos), capaces de case duplicar a enerxía xerada polos antigos parques eólicos, incrementando a súa potencia instalada por só un 8%, entre os proxectos presentados cinco pertencen a entidades galegas, que obtiveron en conxunto 29.913.893 €, o que representa un 23,25 % do total concedido. As axudas destinadas á liña 2 facilitarán a renovación tecnolóxica en instalacións minihidráulicas de ata 10 MW e impulsarán actuacións de mellora do medio ambiente e protección dos ecosistemas, nove entidades galegas resultaron beneficiarias desta liña, obtendo en conxunto 1.932.731 €, un 11,13 % sobre o total concedido. Pola súa banda, os 6 proxectos beneficiarios de subvencións para a creación das primeiras depuradoras de palas eólicas e outros elementos compostos (liña 3) dotarán a España de capacidade suficiente para reciclar todo o seu volume anual destes residuos e ofrecer o servizo a outros países europeos. En conxunto, estímase que o programa xerará máis de 6.800 postos de traballo directos e indirectos.