Estás en:
Transición Ecolóxica asigna 10,8 M€ a unha vintena de empresas para modernizar as súas flotas
Transición Ecolóxica asigna 10,8 M€ a unha vintena de empresas para modernizar as súas flotas
O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) otorgou 10,8 millóns de euros a 22 proxectos de renovación e electrificación de flotas na resolución definitiva da segunda convocatoria do programa MOVES FLOTAS. Entre os beneficiarios non hai ningunha empresa/proxecto galego. Nesta segunda convocatoria concedéronse fondos para a compra de 6.389 vehículos e a instalación de 967 puntos de recarga. Por territorios, a maioría dos expedientes beneficiarios corresponden á Comunidade de Madrid (17). Ademais, hai dous proxectos no País Vasco e un en Castilla y León, Cataluña e Comunidade Valenciana, respectivamente. Entre os beneficiarios destacan grandes empresas como Iberia, Telefónica, Hertz, Airbus, e algunhas entidades e empresas públicas, como ADIF, Aena e Correos. En total, tras as dúas convocatorias resoltas de MOVES FLOTAS, as subvencións adxudicadas para a renovación de máis de 13.000 vehículos e a instalación de puntos de recarga alcanzaron os 24 millóns. O IDAE xa está a analizar as solicitudes recibidas na terceira edición deste mesmo programa, cuxo prazo de solicitude rematou o pasado mes de outubro.