Atrás

Transición Ecolóxica concede 100 millóns en axudas a proxectos de grandes electrolizadores para a producción de hidróxeno renovable

Atrás
05/06/2023

Transición Ecolóxica concede 100 millóns en axudas a proxectos de grandes electrolizadores para a producción de hidróxeno renovable

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) concedeu 100 millóns de euros en axudas a proxectos innovadores de grandes electrolizadores para a producción de hidróxeno renovable, correspondentes á Liña 3 do Programa H2 Cadea de Valor. O programa está incluido no Proxecto Estratéxico para a Reconstrucción e a Transformación Económica de Enerxías Renovables, Hidróxeno Renovable e Almacenamento (PERTE ERHA) e busca impulsar tanto o desenvolvemento de demostradores de electrólisis como iniciativas de integración real de electrolizadores de gran capacidade en entornos industriais. Xestionado polo Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía (IDAE), organismo dependente do MITECO, o programa adxudicou axudas por importes de 10 e de 15 millóns a sete proxectos en cinco comunidades autónomas: Andalucía (3), Comunidade Valenciana, Asturias, Galicia e Castilla-La Mancha. Un total de 60 millóns corresponderon a iniciativas en zonas de Transición Xusta e Reto Demográfico, como os entornos das antigas centrais térmicas de Carboneras (Almería), Meirama (A Coruña), ou do complexo termoeléctrico de Aboño (Asturias), entre outros. No proxecto executado na planta de Meirama, na provincia de A Coruña, denominado “Planta de Producción de Hidróxeno Renovable en Meirama”, participaron cinco entidades, entre as que se encontra “Naturgy Nuevas Energías S.L. e Reganosa Asset Investments S.L.”, entre otras. Obtiveron un total de 15 millóns de euros, o que representa un 15% sobre o total concedido da convocatoria. Na resolución da convocatoria ponderaron factores como a reducción de emisións, a creación de emprego e a igualdade de xénero. Os proxectos seleccionados están obligados a respetar o principio rector de “non causar un prexuízo significativo ó medio ambiente”.