Atrás

Transición Ecolóxica concede 13,5 millóns máis en axudas a outros 26 proxectos de electrificación para flotas de vehículos lixeiros

Atrás
08/04/2024

Transición Ecolóxica concede 13,5 millóns máis en axudas a outros 26 proxectos de electrificación para flotas de vehículos lixeiros

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico adxudicou 13,5 millóns de euros a 26 proxectos de renovación e electrificación de flotas na resolución definitiva da terceira convocatoria do programa MOVES FROTAS. Entre os beneficiarios hai dúas entidades galegas que obtiveron un total de 64.146 € (un 0,48% do total adxudicado). Estas entidades son: TALLERES DEMICAR S.L. con 27.800 € e ASCENSORES ENOR S.L con 36.364 €.

O total dos expedientes seleccionados inclúe a adquisición de 6.268 novos vehículos lixeiros eléctricos –dende ciclomotores ata furgonetas– e a instalación de 1.333 novos puntos de recarga para dar servizo a estas frotas. O programa, financiado con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, busca impulsar a electrificación das frotas de vehículos lixeiros que operan en diversas comunidades. En total, tras as tres convocatorias resoltas polo programa MOVES FROTAS, os fondos destinados suman máis de 38 millóns para a renovación de máis de 22.900 vehículos lixeiros e os seus respectivos puntos de recarga.