Estás en:
Transición Ecolóxica concede 165,5 millóns a 102 proxectos para impulsar a economía circular na empresa
Transición Ecolóxica concede 165,5 millóns a 102 proxectos para impulsar a economía circular na empresa
O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico resolveu a convocatoria de subvencións, correspondentes ao ano 2022, para impulsar a economía circular na empresa. A terceira e última resolución parcial foi publicada o 4 de marzo de 2023 despois das publicadas na páxina web da Fundación Biodiversidade o 23 de outubro e 28 de decembro de 2023.
Das 351 solicitudes recibidas en total, seleccionáronse 102 proxectos que recibirán un total de 165,5 millóns, cunhas axudas de entre 150.000 euros e 10 millóns por proxecto. O cofinanciamento varía entre o 15% e o 60%, dependendo do tipo de actuación e do tamaño da entidade. É por iso que cabe destacar a aposta pola circularidade das entidades beneficiarias, xa que o investimento total directamente asociado a este centenar de proxectos é de 415,6 millóns. Os 102 proxectos seleccionados son desenvolvidos por 115 entidades beneficiarias (10 delas son realizadas por colectivos que agrupan a 23 empresas).Entre os beneficiarios, hai sete entidades galegas que obtiveron un total de 13.840.842 € , o que supón o 8,36% do total concedido a nivel nacional. O 52% das actuacións seleccionadas están lideradas por pemes , aínda que executan proxectos de menor contía, absorbendo o 37% das axudas. Como era de esperar e en consonancia coa dotación económica asignada e as necesidades existentes, a categoría que máis proxectos agrupa é a de mellora na xestión de residuos (49 proxectos e 80,3 M€ de axuda). Non obstante, as actuacións dirixidas á redución do consumo de materias primas virxes presentan valores moi similares con 43 proxectos e 80,6 millóns de euros de axudas, o que pon de relevo o papel que está adquirindo a prevención no sector empresarial. Nesta liña, tamén destaca que entre os beneficiarios hai 9 proxectos de dixitalización (4M€) e un proxecto de ecodeseño de I+D (0,4M€). Esta convocatoria enmárcase na liña de actuación 2 de PERTE dirixida a proxectos de fomento da economía circular en calquera sector.