Estás en:
Atrás
Transición Ecolóxica concede 77 millóns de euros a 56 proxectos de bioeconomía vinculados ao ámbito forestal
Atrás
09/02/2024
Transición Ecolóxica concede 77 millóns de euros a 56 proxectos de bioeconomía vinculados ao ámbito forestal
A Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), en colaboración coa Secretaría Xeral para o Reto Demográfico, resolveu a convocatoria de axudas para o fomento da bioeconomía vinculada ao ámbito forestal e a contribución á transición ecolóxica correspondente a 2023, coa selección de 56 proxectos entre as 163 solicitudes que se presentaran. As iniciativas seleccionadas nunha convocatoria que conta cun orzamento de 77 millóns de euros recibirán axudas de entre 100.000 e 2 millóns de euros por proxecto, cun cofinanciamento máximo do 95%. Todos estes proxectos deberán estar rematados antes do 31 de decembro de 2025, prórrogas incluídas. O 95% dos proxectos seleccionados presentáronse en grupos (cun máximo de seis entidades), sendo as entidades líderes das agrupacións as administracións locais, así como outras entidades do sector público e entidades sen ánimo de lucro principalmente. Os 56 proxectos seleccionados operarán en 47 provincias. Ademais, algúns dos proxectos abordan retos a nivel nacional, como a creación dunha Rede Estatal de Montes Públicos (REMP) e a identificación e comunicación cos propietarios forestais para compartir a xestión forestal. Dos 77 millóns de euros concedidos, son un total de 21 as entidades galegas beneficiarias que obtiveron un importe total de 6.702.393 €, o que supón o 8,70% do total concedido.