Atrás

Transición Ecolóxica convoca axudas para proxectos de dixitalización de comunidades de usuarios de auga para regadío

Atrás
03/08/2023

Transición Ecolóxica convoca axudas para proxectos de dixitalización de comunidades de usuarios de auga para regadío

O pasado do 2 de agosto o BOE publicaba a Orde TED/918/2023, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de axudas por concorrencia competitiva para a elaboración de proxectos de dixitalización de comunidades de usuarios de auga para regadío no marco do PRTR e apróbase a convocatoria do ano 2023. Esta primeira convocatoria, que conta cun orzamento de 100 millóns de euros, está destinada a proxectos de dixitalización do regadío que contribúan a mellorar o coñecemento dos usos da auga no medio e da transparencia na xestión administrativa. Ademais, inclúense iniciativas para mellorar as perdas de auga nas explotacións de regadío, o emprego da auga nas explotacións de regadío e o emprego de fertilizantes e praguicidas, así como perfeccionar a eficiencia enerxética nas explotacións de regadío e, en xeral, na produtividade destas. Na convocatoria establécense varias reservas de crédito que, se non se esgotan, acumularanse á liña xeral: 25.000.000 euros para solicitudes presentadas por comunidades de usuarios que se abastezan de masas de augas subterráneas declaradas formalmente en risco de incumprir os obxectivos ambientais; 25.000.000 euros para solicitudes presentadas por comunidades de usuarios que se abastezan de masas de augas subterráneas que non alcanzan o bo estado; 10.000.000 euros para solicitudes presentadas por comunidades de usuarios que se abastezan de masas de augas superficiais que non alcanzan o bo estado. Os proxectos serán seleccionados en concorrencia competitiva entre os proxectos presentados que cumpran cos requisitos establecidos. Valorarase a calidade técnica da proposta @teniendo en cuenta, en todo momento, criterios ambientais, sociais e estratéxicos para a selección dos proxectos a través dunha comisión de valoración entre o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) e o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA). As axudas oscilarán entre 100.000 euros e os 2 millóns por proxecto como norma xeral, establecéndose contías máximas por solución dixital, superficie regable e outros aspectos establecidos nas bases. O prazo para a presentación de solicitudes será do 30/10/2023 ó 13/12/2023.