Estás en:
Atrás
Transición Ecolóxica destina 106 millóns a Canarias para impulsar os primeiros estudos xeotérmicos profundos en España
Atrás
15/02/2024
Transición Ecolóxica destina 106 millóns a Canarias para impulsar os primeiros estudos xeotérmicos profundos en España
A vicepresidenta do Goberno e ministra de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, Teresa Ribera, deu a coñecer nas Palmas de Gran Canaria o resultado da convocatoria de GEOTERMIA PROFUNDA, de axudas a proxectos de investigación pioneiros sobre o potencial deste recurso enerxético en España. Canarias foi a protagonista absoluta: dez proxectos en tres das illas do arquipélago recibirán 106,2 millóns de euros de fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, case o 90% dos 120 millóns dispoñibles nesta liña de incentivos. O programa, xestionado polo Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), organismo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), concedeu subvencións a once propostas. Seis dos proxectos –cun total de 48 millóns– desenvolveranse na Palma, tres en Tenerife –43,2 millóns–, un en Gran Canaria –15 millóns– e o último, que recibirá unha subvención de 5 millóns, será despregado en Madrid. Non hai beneficiarios/proxectos galegos. A metade do orzamento da convocatoria foi orixinariamente destinado a Canarias, no marco do Plan de Enerxía Sostible das Illas, artellado polo Goberno de España, sen prexuízo de que tamén se poida optar a parte dos outros 60 millóns previstos. para o resto do territorio nacional.