Estás en:
Atrás
Transición Ecolóxica destina 147 millóns para probas e demostracións de renovables mariñas
Atrás
24/10/2023
Transición Ecolóxica destina 147 millóns para probas e demostracións de renovables mariñas
O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) resolveu a concesión de 146,9 millóns de euros dos fondos Next GenerationEU canalizados polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia a 21 accións destinadas a impulsar plataformas de probas e a demostración de novos prototipos no campo das enerxías renovables mariñas. Entre os beneficiarios atópase unha entidade galega, que obtivo 20.000.000 € para a execución dun proxecto, o que representa un 13,06 % do total concedido. Estímase que os proxectos seleccionados mobilizarán investimentos próximos aos 384 millóns. Promoverán a creación de plataformas de proba, demostradores tecnolóxicos e proxectos mixtos para consolidar a I+D+i de referencia internacional en enerxía eólica mariña, enerxía das ondas, fotovoltaica flotante ou híbridos destas tecnoloxías renovables. O programa busca posicionar a España como polo de referencia para o desenvolvemento das enerxías renovables no medio mariño e como un referente industrial no sector, salvagardando un despregamento ambiental e social sostible e ordenado.