Estás en:
Transición Ecolóxica impulsa 82 proxectos innovadores de mobilidade eléctrica de empresas e sector público no marco do programa MOVES Singulares II
Transición Ecolóxica impulsa 82 proxectos innovadores de mobilidade eléctrica de empresas e sector público no marco do programa MOVES Singulares II
O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) presentou os resultados da primeira convocatoria do Programa MOVES Singulares II, dotado con 100 millóns de euros dos fondos do PRTR para impulsar proxectos singulares e innovadores que fomenten a madurez tecnolóxica do vehículo eléctrico e de pila de combustible e, así, facilitar a súa comercialización. Seleccionáronse 82 proxectos de empresas, centros de investigación e entidades do sector público; están repartidos por 14 comunidades autónomas e permitirán canalizar unha inversión de 217 millóns, 5 entidades galegas resultaron beneficiarias, sendo o importe concedido aproximadamente de 2,05 millóns de euros para as mesmas, o que representa un 2% do total concedido. O 35% dos proxectos seleccionados (29) están relacionados coa infraestrutura de recarga innovadora, a recarga de hidróxeno e a integración con outras redes intelixentes. Neste ámbito, destacan tres proxectos seleccionados para o desenvolvemento de hidroxeneras. Outros 23 proxectos corresponden ao desenvolvemento de novos procesos ou prototipos de modelos de vehículos eléctricos; mentres que 21 céntranse no desenvolvemento de aplicacións TIC para a movilidad eléctrica, e outros nove, ao desenvolvemento de baterías e almacenamento eléctrico. Explícouse tamén o alcance e as características da segunda convocatoria, que conta cun orzamento de 264 millóns de euros e está aberta ata o 24 de novembro.