Estás en:
Atrás
Transición Ecolóxica lanza axudas por 120 millóns para impulsar estudos de viabilidade da enerxía xeotérmica profunda
Atrás
08/06/2023
Transición Ecolóxica lanza axudas por 120 millóns para impulsar estudos de viabilidade da enerxía xeotérmica profunda
O Ministerio para a Transcición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) abriu a primeira convocatoria de axudas para realizar estudos de viabilidade de enerxía xeotérmica profunda en España, publicada no Boletín Oficial do Estado. Está dotada con 120 millóns de euros – a metade destinados íntegramente ás Illas Canarias – do PRTR, financiado polo Programa XEOTERMIA PROFUNDA da UE, para sufragar parte dos investimentos en sondeos a gran profundidade que permitan o desenvolvemento dos primeiros proxectos en España de xeotermia profunda de media e alta temperatura para xeración eléctrica ou para usos térmicos directos. Os interesados poden presentar as súas solicitudes entre o 15 de xuño e o 7 de setembro. O Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía (IDAE), organismo adscrito ao MITECO, xestionará esta liña de financiamento que busca impulsar estudos de viabilidade que inclúan actuacións exploratorias que analicen e cuantifiquen o recurso xeotérmico que existe en distintos emplazamentos xeotérmicos da xeografía española. Para optar a estas axudas, os estudos deberán incluir a realización de, ao menos, un sondeo de investigación de profundidade mínima de 1.000 metros e poderán beneficiarse do financiamento ata tres sondeos por estudo. Os resultados exitosos darían acceso ós beneficiarios, á explotación dos recursos e a desenvolver os primeiros proxectos do país.