Atrás

Transición Ecolóxica resolve a primeira convocatoria para mellorar a eficiencia do ciclo urbano da auga

Atrás
17/11/2023

Transición Ecolóxica resolve a primeira convocatoria para mellorar a eficiencia do ciclo urbano da auga

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) publicou a resolución definitiva da primeira convocatoria do PERTE para a dixitalización do ciclo da auga, pola que se conceden axudas por un importe total de 200 millóns para mellorar a dixitalización do ciclo da auga urbana. A listaxe definitiva conta cun total de 30 proxectos con axudas que oscilan entre os 3,3 e os 7,9 millóns por proxecto e unha porcentaxe media de financiamento superior ao 64% do orzamento, chegando a valores de ata o 84%. A axuda abarcará todo o territorio nacional, beneficiando ata un total de 1.676 municipios de 16 comunidades autónomas cunha poboación de 14.742.016 habitantes. Concedéronse un total de 14.726.546 € a dúas entidades galegas, o que supón o 7,36% do total concedido. Estas entidades galegas beneficiarias son: ESPINA Y DELFÍN, S.L. cun importe de 6.972.027 € e AQUAOURENSE SOCIEDAD PROVINCIAL DE AUGAS E MEDIO AMBIENTE, S.A. cun total de 7.754.519 €. Estas axudas beneficiarán a proxectos que aborden a xestión da auga tanto nas grandes cidades como nos pequenos municipios rurais. Os beneficiarios foron as administracións públicas e os operadores en xeral dos servizos urbanos de abastecemento, saneamento e depuración de auga urbana de diversa índole, como entidades da administración local, empresas públicas, mixtas e representantes do sector privado.