Atrás

Transición Ecolóxica somete a información pública a futura convocatoria de axudas para grandes proxectos de val de hidróxeno renovable

Atrás
13/06/2024

Transición Ecolóxica somete a información pública a futura convocatoria de axudas para grandes proxectos de val de hidróxeno renovable

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) lanza a audiencia pública o proxecto de orde de bases que rexerá a futura convocatoria do programa de axudas á creación de grandes vales ou clusters de hidróxeno renovables . A iniciativa financiarase con fondos NextGenEU vinculados ao compoñente 31 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) e ao mecanismo RePowerEU da Comisión Europea.

Estes incentivos teñen como finalidade promover a produción e o consumo a gran escala de hidróxeno renovable e electrolítico, así como de combustibles derivados, para favorecer a plena integración deste vector no mix enerxético español e como ferramenta para avanzar na descarbonización de diferentes sectores industriais da nosa economía.

A futura convocatoria de axudas, que xestionará o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) , organización dependente do MITECO, supón un salto cualitativo e cuantitativo nas perspectivas de produción e utilización de hidróxeno e derivados renovables en España.

O impulso da creación de clusters de hidróxeno renovables, incluído dentro do esquema do Proxecto Estratéxico de Recuperación e Transformación Económica de Enerxías Renovables, Hidróxeno e Almacenamento (PERTE ERHA), consideráse determinante tamén para acadar os obxectivos sinalados na Ruta do Hidróxeno  Renovable e na revisión do Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima (PNIEC) , que prevé 11 GW de capacidade de electrólise para 2030.

O proxecto de orde de bases reguladoras das convocatorias do programa de incentivos aos vales ou clusters de hidróxeno renovables foi sometido a consulta pública previa o pasado mes de abril.

prazo para presentar alegacións á proposta publicada permanecerá aberto dende 12 de xuño de 2024 ata 21 de xuño de 2024.