Atrás

Transportes adxudica a modernización da líña de tren convencional Vigo Guixar-Redondela

Atrás
30/12/2024

Transportes adxudica a modernización da líña de tren convencional Vigo Guixar-Redondela

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible adxudicou un contrato por 32,75 millóns de € (IVE incluído) para modernizar a vía do tren entre as estacións de Redondela e Vigo Guixar (13 km), na provincia de Pontevedra. Así, dáse un novo impulso á renovación da liña convencional Ourense-Vigo, denominada Liña do Miño, reforzando a súa capacidade e fiabilidade para potenciar o tráfico de viaxeiros e mercadorías.

A actuación, que levará a cabo Adif, contempla a construción dun novo apeadeiro no barrio de Chapela, cunha plataforma de 220 m, nun lugar próximo a un aparcamento e unha pasarela peonil sobre as vías. Así, mellóranse as condicións de mobilidade dos cidadáns e a integración do ferrocarril na contorna.

Pola súa banda, na estación de Redondela construirase unha nova plataforma central, máis longa que a actual, incrementarase o resto e conectaranse todos cun novo paso inferior.

Así mesmo, na estación de Vigo- Guixar despregaranse novos desvíos (dispositivos que permiten o cambio de trens dunha vía a outra) de maior rendemento e ampliarase a plataforma de cabeceira das vías para posibilitar a chegada e saída dos trens de máis de 600 m.

A actuación complétase cos traballos no túnel de Vigo relacionados co reforzo da súa impermeabilización, revestimento e drenaxe, coa adaptación do ancho de vía á futura nova electrificación; e con melloras en terrapléns, rozas, saneamento e outras infraestruturas da liña.

O Ministerio avanza así na modernización da denominada Liña do Miño, incluíndo a conexión Guillarei -fronteira portuguesa, á que destina un investimento global de 265 millóns de € para adaptala ás demandas do Corredor Atlántico e reforzar a conexión con Portugal, promovendo o tráfico de pasaxeiros e mercadorías. Esta acción conta con financiamento europeo a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.