Atrás

Transportes concede 21,8 millóns de € a 7 operadores ferroviarios por incentivar o tren de mercadorías

Atrás
13/12/2024

Transportes concede 21,8 millóns de € a 7 operadores ferroviarios por incentivar o tren de mercadorías

O pasado venres 13 de decembro publicábase no BOE o anuncio do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible sobre a Orde Ministerial de concesión das axudas da segunda convocatoria do Programa de Eco-incentivo para o impulso do transporte ferroviario, que supoñía a resolución definitiva da segunda convocatoria de axudas do Programa Eco Incentivo Ferroviario, que subvencionaba os tráficos de mercadorías realizados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2023.

A relación de empresas beneficiarias e importes percibidos é a que a continuación se detalla:

CIF

Beneficiarios

Total concedido (€)

A87498218

Low Cost Rail S.A.

133.795

A88013396

Compañía Europea Ferroviaria (CEFSA)

352.221

A60462926

Captrain España S.A.U.

11.102.450

A88052121

Go Transport Servicios S.A.

37.144

W0109762E

Medway S.A.

3.738.539

A82682030

Continental Rail S.A.

5.414.171

A97912661

Csp Logitren, S.A.

1.070.881

TOTAL

21.849.204

 

O ano pasado, estas empresas moveron un total de 4.353 millóns de toneladas netas por quilómetro, percorrendo un total de 9,7 millóns de quilómetros. De toda a carga transportada, o 86% subvenciónase agora coas axudas do eco-incentivo: un total de 3.762 millóns de toneladas netas por quilómetro transportadas ao longo de 6 millóns de quilómetros da rede ferroviaria de interese xeral.

O obxectivo das subvencións é contribuír a impulsar o tráfico de mercadorías por ferrocarril, mellorar o desempeño ambiental da actividade e reequilibrar o reparto modal para incrementar o peso do tren, que ocupa menos do 5% do total de mercadorías transportadas en España e emite 12 veces menos emisións directas de gases en tramos non urbanos. O pasado 6 de decembro publicouse a terceira convocatoria deste programa, dispoñendo dunha asignación inicial de 23,5 millóns de € para os tráficos realizados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024. O pazo de presentación de solicitudes desta convocatoria comezará o 1 de febreiro de 2025 e finalizará o 31 de marzo do mesmo ano.