Atrás

Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana adxudica 274 millóns en axudas europeas a 173 entidades locais para rehabilitar edificios públicos

Atrás
03/04/2023

Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana adxudica 274 millóns en axudas europeas a 173 entidades locais para rehabilitar edificios públicos

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) concedeu provisionalmente 274 millóns de euros dos fondos europeos de recuperación NextGenerationEU a 173 entidades locais de toda España para rehabilitar 181 edificios públicos da súa titularidade. A resolución provisional, publicada hoxe na sede electrónica, corresponde á Liña 2 do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos de titularidade local (Pirep Local) do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR). A subvención media concedida a cada proxecto é de 1,51 millóns de euros. Mitma seleccionou os 181 proxectos de entre os 1.020 presentados por 880 municipios, deputacións, cabildos e consells insulares con base en criterios de calidade arquitectónica, solidez, gobernanza, enfoque integral, innovación e oportunidade, polo que todos eles rexistran un enfoque baseado nos principios de calidade que promulga a Lei de calidade da Arquitectura. Entre os beneficiarios encóntranse 15 entidades locais galegas, as cales obtiveron en total 20.876.579 €, o que representa un 7,60% do total concedido. A convocatoria celebrouse en réxime de concorrencia competitiva, polo que foron seleccionadas as actuacións que maior puntuación obtiveron.