Atrás

Un total de 500 entidades presentaron proxectos á segunda convocatoria de subvencións para a dixitalización do ciclo urbano da auga

Atrás
24/01/2024

Un total de 500 entidades presentaron proxectos á segunda convocatoria de subvencións para a dixitalización do ciclo urbano da auga

A segunda convocatoria das axudas PERTE para a Dixitalización do Ciclo da Auga, promovida polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico (MITECO), cuxo prazo de solicitude finalizou o 22 de decembro de 2023, pechouse con 238 proxectos presentados. O período de estudo e avaliación será de seis meses. Os importes das axudas solicitadas oscilan entre os 500.000 e os 10 millóns de euros, acadando unha axuda total solicitada de 1.089.320.431,27 euros, dun total de 200 millóns dispoñibles no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. A comunidade autónoma con maior participación en número de solicitudes e importe solicitado foi Andalucía, seguida de Cataluña e a Comunidade Valenciana. Así mesmo, apréciase un gran interese por parte dos municipios, xa que as subvencións abranguen un total de 3.645 deles, sendo os de entre 100 e 500 habitantes os que máis participan en número. Os de máis de 100.000 habitantes son os que solicitan maior cantidade de axuda. En máis dun centenar de solicitudes, o alcance do proxecto inclúe máis de cinco municipios, esgotando a reserva de 60 millóns de euros prevista nas bases. Ademais, non só os municipios de maneira individual presentaron solicitudes. Tamén o fixeron en grupos de entre 2 e 71 entidades, chegando a presentar ao redor de 500. A maioría concellos, pero tamén operadores privados e empresas mixtas. Son os operadores privados os que solicitan maiores axudas, seguidos das entidades empresariais públicas.