Servizo de asistencia aos Concellos no marco dos fondos do Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia

En que consiste?

Esta asistencia ten como obxectivo axudar aos órganos xestores da Administración Local a desenvolver as tarefas necesarias para a xestión dos fondos MRR. Entre esas tarefas inclúese:

 

  • Apoio técnico para a presentación e desenvolvemento de iniciativas MRR
  • Orientación da normativa aplicable en cada ámbito
  • Resolución de dúbidas vinculadas cos criterios do MRR

Que datos necesito?

* Darase prioridade ás asistencias solicitadas polos Concellos de menos de 5.000 habitantes

  • Administración Local solicitante
  • Persoa de contacto(Nome, teléfono e correo electrónico)
  • Solicitude (Compoñente do PRTR e Descrición)

Como solicitar a asistencia?

Entrando na seguinte ligazón atópase o formulario de solicitude: NextGenerationGalicia

Unha vez enviada a solicitude procederase á súa revisión e ao contacto coa Administración Local solicitante