Estás en:
Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.
Convocatorias
Axudas destinadas á dixitalización de empresas do Segmento I (entre 10 e menos de 50 empregados) no marco da Axenda España Dixital 2025, o Plan de Dixitalización Pemes 2021-2025
Axudas destinadas á dixitalización de empresas do Segmento I (entre 10 e menos de 50 empregados) no marco da Axenda España Dixital 2025, o Plan de Dixitalización Pemes 2021-2025
Poderán ser beneficiarios destas axudas as pequenas empresas (segundo o establecido no Anexo I do Regulamento (UE) n.º 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, e persoas en situación de autoemprego, cuxo domicilio fiscal estea situado en territorio español, comprendidas no Segmento I (Pequenas empresas entre 10 e menos de 50 empregados).
Poderán destinarse estas axudas á adopción de solucións de dixitalización cuxo fin sexa substituír ás solucións xa adoptadas polo beneficiario, sempre que supoñan unha mellora funcional. Para considerarse mellora funcional, deberá cumprir os seguintes requisitos:
- A solución debe ser completamente nova e cumprir todos os requisitos mínimos da categoría á que pertence, conforme ao Anexo IV das Bases Reguladoras.
- Que a solución substituída non cumprise con algún dos requisitos mínimos esixidos na mesma categoría de solución de dixitalización correspondente.
Non se considerará mellora funcional:
- Ningún desenvolvemento, progreso, aumento ou enriquecemento dos servizos e funcionalidades da solución existente.
- Actualización de versións de software polo provedor, isto é, releases que o provedor saque sobre unha versión.
- Upgrades ou mellora de versións.
O orzamento da convocatoria son 500 millóns, sendo o importe máximo de axuda por beneficiario será de doce mil euros (12.000 €), ao estar dirixidas unicamente ao Segmento I. Os importes máximos de axuda por Categoría de Solucións de Dixitalización, así como a duración que debe manterse a prestación do servizo son os seguintes: