Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.

 

Convocatorias Convocatorias

Atrás

Axudas para proxectos de dixitalización de «última milla» en empresas do sector turístico

Atrás
08/02/2022

Axudas para proxectos de dixitalización de «última milla» en empresas do sector turístico

Preténdese mobilizar aqueles proxectos singulares e transformadores que cubran procesos e produtos facilmente escalables e replicables cunha clara orientación ao usuario final e que conteñan, entre outros, melloras na dixitalización e intelixencia aplicados á xestión, promoción, posta en valor e difusión para destinos e sector turístico. As liñas de actuación son:

  • Liña 1: 20 millóns para proxectos de desenvolvemento tecnolóxico innovadores que incorporarán tecnoloxías emerxentes ou de novo desenrolo con risco tecnolóxico medio/baixo regulados no artigo 6: participación, orzamento mínimo do proxecto será de 500.000 euros e o máximo de 5.000.000 de euros e unha duración máxima de 18 meses.
  • Liña 2: 5 millóns para proxectos de implantación e adopción de novas tecnoloxías que incorporarán tecnoloxías testadas previamente no mercado con risco tecnolóxico baixo reguladas no artigo 7: participación, orzamento mínimo do proxecto será de 300.000 euros e o máximo de 750.000 de euros e unha duración máxima de 12 meses.

Beneficiarios

As empresas do sector turístico consideradas PEMES sempre que estean validamente constituídas, teñan personalidade xurídica propia e domicilio fiscal en España. Así como, empresas cuxa actividade permítalle constituírse en socios tecnolóxicos e con experiencia demostrable no ámbito turístico.

Enlaces


Expresións de interese Expresións de interese