Estás en:
Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.
Convocatorias
Concesión de axudas correspondentes aos programas de incentivos 1, 2 e 3 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector servizos e noutros sectores produtivos
Concesión de axudas correspondentes aos programas de incentivos 1, 2 e 3 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector servizos e noutros sectores produtivos
Concesión en réxime de concorrencia non competitiva de 19.807.118 euros baixo as bases reguladoras previstas no Real decreto 477/2021 para a realización dos seguintes programas:
Programa de incentivos 1: realización de instalacións de autoconsumo, con fontes de enerxía renovable, no sector servizos, con ou sen almacenamento.
Programa de incentivos 2: realización de instalacións de autoconsumo, con fontes de enerxía renovable, noutros sectores produtivos da economía, con ou sen almacenamento.
Programa de incentivos 3: incorporación de almacenamento en instalacións de autoconsumo, con fontes de enerxía renovable, xa existentes no sector servizos e noutros sectores produtivos.
Tamén considéranse actuacións subvencionables, dentro dos anteriores programas de incentivos, as instalacións illadas da rede non reguladas no Real decreto 244/2019, de 5 de abril, polo que se regulan as condicións administrativas, técnicas e económicas do autoconsumo de enerxía eléctrica, realizadas nos sectores de aplicación de cada un deles.
Beneficiarios:
- Persoas xurídicas e agrupacións de empresas ou de persoas físicas, con ou sen personalidade xurídica, que realicen una actividade económica pola que ofrezan bens ou servizos no mercado, incluíndo, entre outros:
- Os xestores de polígonos industriais, de natureza pública ou privada.
- As empresas explotadoras, arrendatarias ou concesionarias de actuacións no eido da enerxía.
- As empresas de servizos enerxéticos (ESE), ou provedores de servizos enerxéticos definidas no Real decreto 56/2016,
- As comunidades de enerxías renovables e as comunidades cidadáns de enerxía, segundo definición da Directiva 2018/2011 do Parlamento Europeo e do Consello e da Directiva 2019/944 do Parlamento Europeo e do Consello
Crédito máximo
Tipo de actuación | Distribución por tecnoloxía | Orzamento total |
Programa de incentivos 1 | Fotovoltaica | 5.316.333,00 |
Programa de incentivos 1 | Eólica | 279.807,00 |
Programa de incentivos 2 | Fotovoltaica | 11.026.409,65 |
Programa de incentivos 2 | Eólica | 580.337,35 |
Programa de incentivos 3 | Almacenamento | 2.604.231,00 |
O prazo de presentación de solicitudes comezará as 9.00 horas do día 21 de outubro de 2021 e rematará o 31 de decembro de 2023